Brasón do Concello de Miño

Brasón do Concello de Miño

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/01/escudo-mino-e1443629092391.png

Escudo partido en dúas metades, en cuxo primeiro cuartel figura unha igrexa de prata mazonada de xabre apoiada sobre un fondo azul, símbolo do ceo e da desaparecida igrexa que se alzaba sobre o Castro de Curbeiros. O outro cuartel provisto de ondas recubertas de prata e azul, representando ás oceánicas augas atlánticas que bañan a costa miñense. Na sua parte superior, timbrado por unha coroa real pechada.

O brasón debía ser sinxelo e ademais, afirma a Real Academia da Historia "en tales escudos civís, non cabe clase ningunha de armas de linaxes, por importantes que poidan ser na bisbarra onde radiquen, a súa propia heráldica, se a estirpe non ten como xustificante unha razón histórica de unión ó Concello. Por conseguinte, as armas primitivas de Miño poderían organizarse como se mostran: a primeira o escudo partido, a segunda a capela de prata, a terceira as ondas de azul e prata e o timbre a coroa real pechada.