San Salvador de Leiro

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-cabecera.jpg

San Salvador de Leiro

Divino Salvador de Leiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Miño. Para chegar ao atrio é preciso descender por unha ampla escalinata, na chaira álzase o monumento, que pode tipificarse polo seu reformismo de principios do  século XX. Presenta unha  igrexa de estilo ecléctico, a cal posúe unha planta en forma de cruz onde se desenvolve unha nave divida en tramos e con cabeceira rematada nunha ábsida poligonal. Dende o punto de vista ornamental caracterízase pola súa sinxeleza  mentres que aos pés da nave instálase un coro alto. No seu exterior a fachada principal convértese na protagonista do ornato. Resalta a espadana de dous corpos, o primeiro composto por arcos góticos e o segundo está articulado á súa vez por un corpo central flanqueado por pináculos. Ademais conta cunha cuberta a dúas augas formada por tella curva. Alén da estrada, un camiño asfaltado conduce ata a casa de Tejada, propiedade dos deudos de D. Gonzalo Prego, quen a construíu aproveitando a estrutura primitiva

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-lateral.jpg