San Xoán de Callobre

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-cabecera.jpg

 San Xoán de Callobre

Caracterízase por posuír unha igrexa barroca de pequenas dimensións. Dende o punto de vista ornamental presenta un interior moi sobrio. Mostra unha planta de cruz latina, o espazo entre o presbiterio e as capelas laterais resólvese mediante arcos de medio punto. A pía bautismal que alberga é de estilo románico e os altares contan coas imaxes de San Xoán e a Dolorosa.

Cunha fachada principal sinxela, e unha espadana de dous corpos con dobre campá na parte inferior e un oco para outra no superior, acompañado de dous pináculos barrocos. Ademais, pódense apreciar dous reloxos de sol, un na esquina da fachada principal, no pináculo, e outro no lateral da epístola, na fachada sur datados en 1814. No exterior, preto da igrexa atopamos un cruceiro no que se poden observar, en relevo no fuste, os símbolos da crucifixión de Cristo.

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-lateral.jpg