San Xoán de Vilanova

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-cabecera.jpg

San Xoán de Vilanova

San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Miño,  fermoso exemplar romántico rural galego e único deste estilo no concello, situado ao pé do monte Breamo. Ten gran interese arqueolóxico pola data da súa construción e o estilo románico inicial, anterior á construción da Catedral de Santiago. Posúe unha igrexa de estilo románico do século XI, exactamente de 1040, na súa planta rectangular desenvolve unha única nave rematada nunha bóveda semicircular. Cun interior sobrio caracterizado polos seus muros esculpidos de forma irregular. Chama a atención a pía bautismal, de características románicas. A ábsida semicircular, perfectamente restaurada, é unha das pezas máis interesante do pequeno templo. Pola súa banda, no exterior o ornato concéntrase  na fachada principal, que foi remodelada no século XVIII segundo canons barrocos. Posúe unha espadana de dous corpos, o primeiro composto por tres machóns que orixinan os ocos onde se colocan as campás e un segundo formado por un corpo central flanqueado por pináculos.

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-lateral.jpg