Santa María de Miño

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-cabecera.jpg

Santa María de Miño

Santa María de Miño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Miño. Formada por unha igrexa de estilo neogótico, construída no século XX.  Posúe unha planta rectangular onde se desenvolven tres naves. No seu interior atopamos todo revestido de branco excepto os recantos e os arcos que están cubertas con pedra. A nave central arróupase con bóveda de canón, suxeitada por arcos apoiados sobre alicerces cunha planta cadrada, que delimitan o espazo correspondente as naves laterais. Unha vez no exterior,  a fachada principal concentra toda a decoración, que mostra características propias do estilo ecléctico. Despunta a torre do campanario. Ademais, dispón  dunha cuberta a dúas augas cuberta de tella curva.

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2012/10/ejemplo-lateral.jpg