Pontes do Camiño

OBRAS DE MELLORA NAS PONTES DO CAMIÑO DE SANTIAGO


As obras consistiron na execución de dúas pontes peonís en substitución das existentes moi deterioradas. As ditas pontes execútanse cunha base de pedra e logo unha estrutura de madeira tratada. Outra parte das obras consistiu na defensa dos cimentos doutra das pontes peonís que se atopan no Camiño de Santiago Inglés, mediante a protección da cimentación con cachotería de gran tamaño.