Formación e emprego

Formación e Emprego

O Concello de Miño, é consciente de que dispon dunha serie de recursos (humanos, económicos, institucionais, culturais e naturais) que constituye un importante potencial...

E que, adecuadamente articulados e contando con iniciativa empresarial, poden favorecer ó crecemento socioeconómico e eleva o nivel de vida da sua poboación, creou xa en Decembro de 1998 a Axencia de Desenvolvemento Local, como núcleo no que se recollen as accions de aplicación no ámbito do empleo dende as suas diferentes vertintes

Así, as tareas máis concretas que se desenvolven son:

  • Asesoramento e información ós desempregados sobre as accións a realizar para mellorar as suas posibilidades de emprego.
  • Información e orientación, tratando de ofrecer ós desempregados información sobre as ofertas de emprego, tanto públicas como privadas, formación, técnicas de búsqueda de emprego, etc.
  • Información e asesoramento ós empresarios sobre as diferentes subvencións para a contratación, transformación de contratos, ampliación do negocio, etc.
  • Información e asesoramento para o autoemprego e apoio ás iniciativas locais e demáis proxectos empresariais, con información das distintas subvencións, formas xurídicas, beneficios fiscais, etc. e posterior seguimento de estos proxectos.