Medio Ambiente

Te esperamos

//concellodemino.com/wp-content/uploads/2015/08/puntolimpio21.jpg
//concellodemino.com/wp-content/uploads/2015/08/puntolimpio1.jpg

Dirección: Gallamonde, s/n

Teléfono: 666.449.588  (no horario de apertura)

Horario:

  • Luns, xoves e sábados 10:00 A 13:00
  • Martes, mércores e venres 16:00 - 19:00

Entidade Responsable: Concello de Miño

PRODUCTOS QUE SE ADMITEN

Residuos especiais: tubos fluorescentes, lámparas especiais; disolventes, pinturas, vernices; pilas; radiografías; aceites minerais e vexetais usados (procedentes de particulares).

Residuos urbanos e asimilables: papel e cartón; vidro; envases de plástico; bricks e latas; chatarras metálicas; téxtiles. Escombros de pequenas obras domiciliarias, Residuos verdes procedentes de podas.

Residuos voluminosos: mobles, colchóns e electrodomésticos.

CONDICIONES DE ADMISIÓN DOS PRODUCTOS

Pódese acceder ao Punto Limpo en calquera vehículo: automóbil, tractor, furgoneta... Na entrada do recinto informarase aos usuarios sobre a forma de realizar o depósito de cada tipo de residuo. O bo funcionamento do Punto Limpo esixe que os usuarios entreguen os residuos previamente seleccionados e os depositen nos contedores adecuados.

Non se permite deixar residuos na porta das instalacións, fora do horario do Punto Limpio.

MELLORAS DO PUNTO LIMPO DE MIÑO

Ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para 2011, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, concedéuselle ao Concello de Miño unha axuda en materia de xestión de residuos para a realización de melloras na xestión e explotación no punto limpo que incluíu a instalación dun equipamento de videovixiancia e a realización de campañas de sensibilización ambiental.

Para mais información poden contactar co Departamento de medio ambiente do Concello a través do teléfono 981 778 914

Ver documento Melloras Punto Limpo