Rutas

Un paseo para recordar

Partindo do núcleo de Miño, hacia Sombreu, chegamos ó lugar da Regueira...

Onde se encontra a Capela da Regueira, unha igresa de pequenas dimensions de estilo neogótico. Seguimos ascendendo hacia o lugar de Bra, onde podemos admirar a Capela de San Ramón e unha vivenda da arquitectura popular da zoa (s. XIX). A continuación atopámonos coa Capela de San Xoan de Área, que data do ano 1833 e que foi trasladada polos veciños dende as rocas no cruce do Lambre coa Ría de Betanzos. No camiño encontraremos a "Fonte de Cal" construida no ano 1815 e que proporcionará refresco para continuar a ruta. En Bemantes atópase a igrexa de Santo Tomé, de estilo barroco, reformada no século XVIII e que garda no seu interior unha pila bautismal románica ben conservada e no exterior apreciase un sepulcro, urna funeraria do século XII e un conservado cruceiro. Máis adiante, atópase o "Muíño de Vento de Boucelo", datado no ano 1840, único exemplar destas características na comarca.

Recentemente rehabilitado e dende o que se pode contemplar o val de Leiro coa ría ó fondo.

Volvendo á ruta inicial chegamos ó Pazo do antigo 

Señor da Casa de Callobre. É notable a igrexa de San Xoan de Callobre, de estilo barroco, destacando dous reloxes de sol datados no ano 1814, a pila bautismal románica e o cruceiro. Aproveitamos para visitar a Capela da Nosa Señora de Guadalupe, de tradicional estilo barroco galego. Anexa á capela está a "Fonte de Augas Santas" da que antigamente, os romeiros recollían auga para regar os campos ó tempo de rezar tres "Ave María" e un "Paternoster" para liberarse das pragas, do "mal de ollo" e das envidias. A continuación, no lugar de A Graña, destacamos a existencia dunha casa de estilo barroco datada no século XVII.

Saímos de Miño hacia Perbes...

Ó pasar pola praia grande pódense admirar as dunas e marismas, na desembocadura do río Baxoi. Ó longo de todo o camiño ata chegar a San Xoán de Vilanova pódese admirar unha fermosa vista das rías de Ares e Betanzos. É visita obrigada a igrexa de San Xoán de Vilanova, sita nunha zoa rural e rodeada do cemiterio e dun muro de pedra, exemplar románico de mediados do século XII. A estructura arquitectónica do edificio é de planta rectangular, dunha soa nave e rematada nun ábside semicircular, estando ambas unidas por medio dun arco presbiteral sen a presencia de tramo recto.

Seguindo hacia Fondal, encontramos as ruinas do Pazo solariego dos Condes de Taboada e de Maza, coas características do século XVIII, e hórreos moi representativos da nosa cultura.

Finalizamos a ruta en Perbes, para ver a igrexa de San Pedro , peculiarmente sinxela, podendo destacar o retablo do altar maior.

En Morteirado vemos unha casa de duas alturas e planta en forma de < L >. Ó lado un hórreo de madeira para albergar o maíz.

Esta ruta iniciase na ponte Baxoi...

Construida pola orden de Fernán Pérez de Andrade na século XIV e que hoxe forma parte do patrimonio do "Camiño Inglés" hacia Compostela. Rincón onde camiñante dispon dun espacio para o seu descanso.

Dende alí e deixando ás costas a estrada xeral, vamos a Bañobre onde atopamos unha variada riqueza arquitectónica representada polo Pazo de Bañobre, un dos máis fermosos de cantos existen no municipio, orixinario da mitade do século XVI e pertencente á familia dos Varela de Castro. O escudo de armas barroco, que data do século XVII, atópase ó lado do balcón e nel se representan oito carteis de importantes linaxes da zoa. O pazo de San Paio, dlos condes de Vigo é lugar de moita historia. Hoxe funciona como colexio, gardando no seu interior unha colección de retratos pintados ó óleo. Na mesma finca do Pazo hay unha capela, vinculada á parroquia de Sta. María de Castro. A capela é de estilo románico e ó seu redor hay unha arboleda que proporciona unha reconfortante sombra.

Continuando a nosa ruta hata a parroquia de Leiro, chegamos á igresa de San Salvador, cuio exterior distinguese de calquer outro templo da zona.

Se nos desviamos hacia o lugar de Trasdoroña, atoparemos un " alpendre", dividido en dous espazos: cuadra e cobertizo.Por último, na parroquia de Carantoña, destacamos a igrexa de San Xulián, de estilo barroco e a Capela de San Nicolás. Ó chegar o anoitecer, existen outros atractivos turísticos, recreativos e culturais: teatro, música, danza e cine, que propician que o día finalice con broche de ouro.