Situación

Esperámoste

Municipio costeiro sito na Ría de Betanzos, nas denominadas "Mariñas Coruñesas", que ostenta dende o ano 2000 a denominación de "Municipio Turístico"...

Otorgada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Limita ó norte co municipio de Pontedeume, ó este co de Vilarmaior e ó sur cos de Paderne e Irixoa. A sua privilexiada situación convirteo nun dos centros de veraneo máis importantes das Rías Altas.

Miño ten unha extensión de 35 Km cadrados, onde reside unha poboación de 5000 habitantes distribuidos nas oito parroquias que o conforman: Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova. O municipio conta con importantes vías de comunicación, como son a N-651 A Coruña - Ferrol, ou o tramo da autopista A-9 que tamén une estas duas cidades, tendo unha saída en Miño, na praia Grande. Todo esto coloca a Miño moi preto de lugares importantes da provincia, de tal modo que A Coruña e Ferrol quedan a 20 minutos, Betanzos, Pontedeume e Sada quedan escasamente a 10 minutos y Santiago de Compostela a 45 minutos